a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

TROITA

Definition

Termo non específico que describe grande número de peixes da familia dos salmónidos; pertencen aos xéneros Salmo, Oncorhynchus e Salvelinus. Este termo induce ás veces confusión a causa das diferentes denominacións coloquiais locais e do feito que membros representativos do xénero son chamados salmón e salvelino. Hai varios exemplos de peixes chamados troita: troita común, Salmo trutta; troita de fontana ou salvelino, Salvelinus fontinalis e a troita arco iris, Oncorhynchus mykiss. Hoxe en día as diferentes especies teñen unha ampla distribución nos cinco continentes grazas ás translocacións e as introducións, pero son orixinarias do hemisferio norte e das rexións holárticas. É recomendable utilizar nomes comúns máis exáctos para os distintos nomes taxonómicos.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician