a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

ARN

Definition

Ácido Ribonucleico; Cadea polinucleotídica formada pola polimerización de ribonucleótidos, trifosfato de adenosina, trifosfato de guanosina, trifosfato de citosina e trifosfato de uracilo. Normalmente presente en forma de cadeas simple; a existencia de apareamento entre as bases dunha soa cadea confírelle unha estrutura secundaria complexa. Serve como xenoma en certos virus, pero noutras células o ARN ten varios funcións vitais. A información xenética do ADN é transferida ao ARN por un proceso chamado transcrición no que moléculas de ARN mensaxeiro (ARNm) son neosintetizadas utilizando o ADN como matriz. Esta información a utilizada para ordenar a incorporación de aminoácidos na síntese de proteínas. Este proceso chamado tradución implica a colocación dos aminoácidos individuais na cadea proteica mediante moléculas de ARN de transferencia (ARNt) cando o ARNm pasa a través das partículas subcelulares coñecidas como ribosomas. Da súa parte os ribosomas están constituídos por proteínas e moléculas de ARN ribosomais (ARNr).

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician