PRODUCIÓN PRIMARIA NETA (PPN)
Definition
Produción primaria neta: a produción de nova materia orgánica por autrótofos, como son as algas fotosintéticas. É a miúdo a primeira etapa da cadea alimentaria. A cantidade total de materia orgánica producida por unidade de tempo por individuo, poboación, unha área ou volume de auga, é denominada produción primaria bruta. Cando as perdas simultáneas de materia orgánica por catabolismo (ex. respiración) son restadas da produción primaria bruta, obtense a medida de produción primaria neta. Para as algas fotosintéticas, a produción primaria bruta e neta é estimada polo método de botella escura e iluminada.
English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician