a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

CULTIVO NO MEDIO PECHADO

Definition

Forma de cultivo na cal un volume determinado de medio nutritivo líquido axeitado é inoculado con células (bacterianas ou algas unicelulares), e incubado durante un período apropiado. As células que se desenvolven son sometidas a unha evolución constante das características do medio, debido ao esgotamento das substancias nutritivas e á acumulación das escouras metabólicas entre outros factores. A curva de crecemento de tal cultivo está esencialmente composta por catro fases principalmente. Na primeira fase, ou fase adaptativa, o crecemento (taxa de aumento do número de células ou biomasa) é primeiro mínimo, pero aumenta despois de forma exponencial ata alcanzar unha fase taxa estacionaria rexida polas condicións de cultivo (temperatura, concentración de substancias nutritivas etc). A duración desta fase é variable. Despois da fase adaptativa, as células sofren un aumento progresivo da taxa de crecemento antes de alcanzar unha fase na cal a taxa de crecemento poboacional é constante e máxima, nese momento atopamos a chamada fase exponencial (=fase logarítmica). Durante esta fase o aumento do número de células e da biomasa é exponencial e o crecemento é chamado "equilibrado". Ao final desta fase, a taxa de crecemento diminúe e as células entran nunha fase estacionaria, durante a cal o crecemento poboacional neto é igual a cero. O número de células viables é máximo durante esta fase. Na fase senescente ou descendente que segue, o número de células viables diminúe, tras o esgotamento das substancias nutritivas ou a deterioración das condicións do medio.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician