a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

NITRITO

Definition

Composto que contén nitróxeno unido a dous átomos de osíxeno. Constitúe a primeira fase da oxidación do amonio excretado polos organismos acuáticos como produto final do metabolismo das proteínas. O nitrito inhibe a fixación do osíxeno pola hemoglobina resultando así tóxico para os peixes. Os crustáceos son menos afectados porque a hemocianina é só parcialmente inhibida. O pH modula a toxicidade dos nitritos e a presenza dos ións monovalentes (cloruros ou bicarbonatos) redúcea fortemente. Polo tanto, a unha concentración dada, o nitrito é normalmente máis tóxico nas augas doce que en augas mariñas ou salobres. O nitrito é a forma iónica do ácido nítrico que é un ácido moi débil. O equilibrio depende do pH. Os pH baixos e as temperaturas baixas desprazan o equilibrio cara á formación do ácido nítrico. A ecuación da reacción pode escribirse baixo a forma HNO2 < -- > H+ + NO2-.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician