a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

NECROSE HEMATOPOÉTICA INFECCIOSA

Definition

Enfermidade viral aguda de xuvenís de salmónidos. No pasado esta enfermidade foi descrita baixo varias denominacións: 'Oregon Sockeye Disease', 'Sacramento River Chinook Disease'', 'Columbia River Sockeye Disease'' ou 'Leavenworth Sockeye Disease'. As principais especies afectadas por esta enfermidade son o salmón Chinook e Sockeye e a troita arco iris. A enfermidade é endémica no oeste dos Estados Unidos e maniféstase esporadicamente noutras partes do país. Considérase que o virus se transmite cos ovos. As perdas son relativamente importantes en peixes de menos de 5 cm e a temperaturas inferiores a 10 0C. As técnicas profilácticas consisten na desinfección química dos ovos, a eliminación das femias portadoras e a supresión de reservas afectadas. É un virus do grupo dos rabdovirus.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician