a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

LEPEOPHTHEIRUS SALMONIS

Definition

Copépodo calíxido, ectoparasito de peixes mariños cunha alta especificidade polo hospedador, a miúdo como piollo mariño ou piollo do salmón. O parasito atópase frecuentemente en salmonicultura de Europa e Norteamérica, causando problemas sanitarios substanciais na saúde dos peixes e problemas de mortalidade que só poden ser controlados por tratamentos biolóxicos (peixes limpadores) ou químicos en combinación con métodos de cultivo apropiados. Os efectos patoxénicos son debidos ao modo de alimentación do adulto xa que o tecido do peixe é erosionado polo movemento dunha parte da boca que contén ata 100 dentes finos e afiados. Os problemas de saúde e mortalidade adoitan acontecer despois dunha infección secundaria. Asúmese xeralmente que entre 2-3 preadultos poden matar a un xuvenil, uns 20 poden matar un salmón de 2 kg, e 40-50 poden matar aos reprodutores. O ciclo vital inclúe dous estadios larvarios libres (nauplio I,II), estadio de copépodo infeccioso libre, catro estadios xuvenís (Chalimus I-IV), dous estadios pre adultos e un estadio adulto. O tempo de xeración é de 7.5-8 semanas a 10 ºC e máis curto a altas temperaturas. A ancoraxe das formas infecciosas xuvenís facilítase por un filamento frontal que está producido por unha glándula frontal. É de cor marrón escura e a femia chega aos 18 mm e o macho aos 7 mm.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician