a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

CORTISOL

Definition

Glucocorticoide coñecido tamén como hidrocortisona, unha das hormonas esteroides producidas polas glándulas adrenais (en concreto, o córtex adrenal) dos vertebrados (interrenais nos peixes). Participa na transformación das proteínas en azucres, o que induce un incremento da glicosa en sangue e do metabolismo lipídico e proteico. Estimula a fosforilación no músculo, mellorando o seu rendemento. Se secreta en grandes cantidades en situacións de estrés, manifestándose en incremento de glicosa en sangue. Aparte, incrementa a sensibilidade do músculo liso da aorta á adrenalina. Ten tamén propiedades antiinflamatorias, antialérxicas e antitóxicas. Os niveis elevados de cortisol tómanse como indicadores de estrés nos peixes.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician