a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

LIÑA LATERAL

Definition

Órgano sensorial tubular dos peixes e de estados acuáticos de anfibios. Sitúase ao longo do costado e en certas partes da cabeza. Usado para a percepción de movementos de auga (turbulencias), cambios de correntes, diferenzas de presión, etc. Tipicamente, esténdese dende a cintura escapular ata a base da cola, pero nalgunhas especies é máis curto ou pode mesmo non estar presente, ou pode continuar ata o final da aleta caudal. Os receptores que inicialmente remataban libres na epiderme, están localizados en canles conectadas coa auga aberta a través de poros con forma de cúpula laminar. Mostran ser importantes carácteres taxonómicos.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician