a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

HERPES VIRUS

Definition

Estes virus causan distintas enfermidades en vertebrados, incluíndo os peixes. Existen antigos rexistros (de 400 anos atrás) que se refiren á "varíola da carpa". Non obstante non se puideron illar ata 1970. Os virus do herpes son relevantes para moitas especies de cultivo (Ciprínidos, anguías, perciformes e outros). Os virus do herpes en peixes parécense aos seus correspondentes en vertebrados superiores na diversidade de enfermidades que poden inducir. Os virus máis importantes son o Herpesvirus salmonis (herpesvirus de troita arcoiris e outros salmónidos), o OMV (virus de Oncorhynchus masou), o Herpesvirus ictaluri ou virus do peixe gato ou CCV, o Herpesvirus vitreum, virus do Stizostedion vitrium, herpesvirus da anguía, Herpesvirus cyprini (varíola da carpa). Os virus do Herpes relacionáronse tamén con papilomatoses epidérmicas epizoóticas en eperlano europeo.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician