a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

FAGO

Definition

Calquera virus que ten de hospedador a unha bacteria. Os bacteriófagos forman un grupo moi diverso de virus. A maioría das bacterias poden ser infectadas por un bacteriófago particular. Normalmente, un bacteriófago dado só pode infectar unha cepa, ou a un número restrinxido de cepas ou especies de bacterias. As consecuencias de infección das bacterias por bacteriófagos dependen da cepa bacteriana, do tipo de bacteriófago e, ata certo punto, das condicións ambientais. Os bacteriófagos virulentos sempre inducen un ciclo lítico na célula hospedadora, mentres os bacteriófagos suaves poden establecer unha asociación estable e non lítica co hospedador (ciclo lisoxénico). A replicación dalgúns bacteriófagos pode producir viriones sen provocar a morte ou a lise da célula hospedadora.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician