a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

FOTOTROFO

Definition

Dise de organismos que utilizan enerxía luminosa para converter moléculas simples inorgánicas en moléculas orgánicas complexas. Os organismos autótrofos obrigados poden sobrevivir e desenvolverse mediante os seus plastos fotosintéticos, pero moitos dos organismos fototrofos son tamén parcialmente heterótrofos, capaces de degradar materias orgánicas para repoñer as súas necesidades enerxéticas, aínda que moitos de entre eles necesitan factores suplementarios (vitaminas); a maioría de plantas clorofílicas son fototrofas, así como certas bacterias. Nos protozoos, os chamados "fitoflaxelados" (aínda que non todos) representan o grupo principal de fototrofos.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician