a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

DIXESTIÓN ANAERÓBICA

Definition

Catabolismo anaerobio de materiais complexos de orixe animal ou vexetal que conducen á formación de substancias máis simples onde unha gran proporción é soluble ou gasiforme; diversas bacterias, cuxa vías metabólicas están estreitamente relacionadas, están implicadas no proceso que ten lugar nos sedimentos bentónicos, nos ruminantes e en certos sistemas de tratamento de augas residuais, etc. A dixestión anaeróbica conduce a unha diminución da masa de sólidos biodegradables. A conversión do carbono orgánico en metano é unha parte importante do ciclo do carbono. No tratamento das augas residuais domésticas (así como o tratamento doutros desfeitos orgánicos derivados por exemplo dos da agricultura, da industria alimentaria e dos efluentes acuícolas), a dixestión anaeróbica achega un ingrediente rico (en biomasa microbiana) que ten pouco olor e un gas combustible (biogás - chamado igualmente gas pentano, gas de lama) composto por máis do 50% de metano; preto do 30-70% de materias sólidas poden ser transformadas en gas.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician