a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

BPA

Definition

Boas Prácticas Ambientais ou Medioambientais (Best Environmental Practice). Un definido Protocolo co obxectivo ambiental de minimizar as interaccións da acuicultura con outras actividades, cubrindo aspectos como límites de descargas, métodos e eficiencia na alimentación, xestión de terapias ou substancias terapéuticas, prácticas de descanso para permitir recuperar o recubrimento dos fondos. Estas prácticas poden definirse polas autoridades competentes e pola industria en Códigos de Prácticas. As BPA estanse a desenvolver en moitas instalacións acuícolas e a miúdo están ligadas ás BAT (Best Available Technology). Por exemplo, algunhas normas ou licenzas nacionais en acuicultura especifican límites de descargas de carbono orgánico, nutrientes e produtos terapéuticos baseándose en Estándares de Calidade ambiental seguindo as recomendacións da PARCOM (Comisión de París, 1994). Recomendación que propuxo que as instancias nacionais establecesen códigos de BEP, previndo entradas de potenciais tóxicos químicos procedentes da acuicultura.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician