a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

BISO

Definition

Masa de filamentos secretada pola glándula bisóxena situada na base do pé de certos moluscos lamelibranquios e que serve para fixar no substrato (por exemplo, a "barba" dos mexillóns). A presenza dun biso nalgunhas especies (por exemplo os mexillóns) pode servir para a súa fixación nos substratos artificial (cordas ou bouchots) para o seu engorde. Debido á capacidade de biso de ser rexenerado rápidadmente para adherirse a novos substratos de fixación isto utilízase no cultivo de mexillóns en bateas para lograr transferir as sementes fixadas en mallas con forma de calcetín ou en cordas de fixación. Durante o seu crecemento, os mexillóns migran ao exterior da malla e fíxanse mediante o biso formado. Por outro lado, as especies que carecen de biso (por exemplo as ostras), deben fixarse artificialmente ao substrato de crecemento ou suspenderse en recipientes sobre o substrato para o seu engorde.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician