Search Results
Number of Results: 59
BAÑO DE TRATAMENTO / TRATAMENTO POR INMERSIÓN
BDELLOVIBRIO
Definition
Xénero de bacterias aerobas Gram-negativas, predadoras doutras bacterias. Son ubicuas e atópanse no chan, escouras así como en hábitats de auga doce e mariña. Tras un primeiro illamento todas as cepas son parasitos obrigados de certas bacterias Gram-negativas, tales como < i>Aquaspirillum serpens, Escherichia coli, Pseudomonas spp, e < i>Rhodospirillum rubrum; o rango de especies presa varía coa cepa de iBdellovibrio. Algunhas cepas cultivadas en ausencia de presas poden desenvolverse a partir de cepas estritamente depredadoras, e algunhas cepas son depredadoras facultativas. As cepas predadoras teñen un ciclo de vida bifásico: unha fase predatoria (na cal as células que non crecen buscan células presas) alternando cunha fase de crecemento e de reprodución no espazo periplásmico dunha célula hospedadora. Todas as cepas son quimioorganotrofas. O crecemento é óptimo entre 28-30 0C e o metabolismo é aerobo.
English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician