a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

l

m

n

o

p

q

r

s

t

u

v

w

x

y

z

BACTERIÓFAGO

Definition

Calquera virus que ten por hospedador a unha bacteria. Os bacteriófagos forman un grupo moi diverso de virus. A maioría das bacterias poden ser infectadas por un bacteriófago particular. Normalmente, un bacteriófago dado só pode infectar unha cepa, ou a un número restrinxido de cepas de bacterias. As consecuencias da infección das bacterias por bacteriófagos dependen da cepa bacteriana, do tipo de bacteriófago e das condicións ambientais. Os bacteriófagos virulentos sempre inducen un ciclo lítico na célula hospedador, mentres os bacteriófagos suaves poden establecer unha asociación estable e non lítica co hospedador (ciclo lisoxénico). A replicación dalgúns bacteriófagos pode producir viriones sen provocar a morte ou a lise da célula hospedadora.

English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician