Search Results
Number of Results: 133
ÁCIDO GRAXO POLIINSATURADO (PUFA)
ÁCIDOS GRAXOS ALTAMENTE POLIINSATURADOS (PUFA / AGAP)
AFLORAMENTO / FLORACIÓN / BLOOM
ALIMENTADOR DE AUTODEMANDA /PÉNDULO
ANEMIA INFECCIOSA DO SALMON (ISA)
APAB (ÁCIDO PARA-AMINOBENZOICO)
APARATO DE WÉBER / OSÍCULOS DE WEBER
AFLATOXINAS
Definition
Un grupo de micotoxinas producido por diversas cepas deAspergillus flavus e < i>A. Parasiticus. Estas toxinas son extremadamente termoestables e son fluorescentes baixo a irradiación ultravioleta. As aflatoxinas son tóxicas para unha grande variedade de eucarióticas. Provocáronse casos de cancro en animais domésticos e aves de curral mediante alimentación con comida contaminada por aflatoxinas, particularmente con alimentos a base de cacahuetes ou cereais. As aflatoxinas poden afectar o sistema inmunitario e provocar unha baixa resistencia á infección e mesmo poden aumentar o risco dun carcinoma hepático causado polo virus da hepatite B. As aflatoxinas inhiben as mitoses das células en cultivo e ao parecer actúan en varios sitios do núcleo e do citoplasma, inhibindo a síntese do ADN, do ARN e de proteínas. En acuicultura tropical os problemas causados polas aflatoxinas están presentes nos sistemas integrados onde os alimentos e as feces contaminadas por Aspergillus das aves de curral son transferidos aos estanques de cultivo.
English French Spanish Greek Norwegian Polish Hungarian Turkish Galician